13/10/09

MERCADILLO EN VILALONGA

Hoxe, finalmente, estrenouse o mercadillo en Vilalonga que xa llevaba meses solicitado (eu mesma firmei a folla que se paseou por todo o pobo).
Para ser o primeiro día, de xente non estivo mal, supoño que máis por curiosidade que por ganas de comprar (xa estamos a mediados e os bolsillos xa afloxaron), pero non estivo mal de todo. Evidentemente fíxose un pelín soso, claro, eran pouquiños postos e eso nótase cando estás acostumada a pasar por o do Grove ou o de Barro, pero ai que recoñecer que aparte de roupa e zapatos houbo ata un posto de froita, outro de prantas e outro de chourizos. Ademáis, topei cun cámara da TVG a grabar...
SEN EMBARGO, o que máis me chamou a atención durante a mañá, foi notar xa na entrada (eran as 10.30hs.) 2 coches da Policía Local e tamén, xa dentro do mercado, unha parella da Garda Civil, paseando entre a xente, ¿esperábase algún follón o primeiro día, ou era só para a primeira posta en escena?. CONSTE, que non me pareceu nada mal... pero resultoume chocante. Parvadas miñas.

4 comentarios:

iris dijo...

Despois de tantos atrancos e datas de inicio que se ian alongando no tempo alédome moito que por fin Vilalonga volva contar cun mercadillo, pois iso daralle vida a parroquia pois o que se achegue a Vilalonga para ir o mercadillo seguro que se achega tamén a botar un ollo polas tendas da vila pois estan a un paso, non é como noutras vilas que quedan un pouco máis lonxanas.

Recoñezo que eu non fun pero xa me contaron que para ser o primer día a iniciativa contou con moi boa acollida.

Ata novembro non me poderei acercar pero e ben seguro que o farei.

Un saúdo e boas mercas.

LED ZEPPELIN dijo...

Por fin algo novo na nosa aldea. Racharase a longa noite de pedra na que vivimos. Penso que non.

vilagonde dijo...

Ai, Zepelin... non creo... aquí queda moito por facer.

Atalaya dijo...

Enhorabuena por el logro por el que se ha luchado.Lógico que cuando algo comienza lo haga despacio, lo importante es que vaya adquiriendo caché y los vendedores se sientan atraídos, lo que traerá consigo una mayor afluencia de público.Mujer, lo de la prolífica presencia de las fuerzas del orden es porque ya estamos en otoño y no tiene mucho que hacer