24/3/09

O GROVE, EN 1966

Parece a zona do Concello...

CARTOS PARA VILALONGA

Despois de dúas semanas na cama e LITERALMENTE fora de combate por cuestións de saúde, e dado que hoxe me sentía mellor, agora á tarde erguinme pensando que ía sendo hora de ver que pasou por Vilalonga e ver que me contades vos, colegas blogueiros. Entérome no Faro de Vigo que o MAP (Minist. Adm. Públicas), liberou xa os cartos para parte dos proxectos pendentes en Vilalonga, (alabado sexa Deus, por os pequenos milagres), como un colector de augas pluviais e asfaltado e ensanche na zona de Lagarei, un asfaltado en Gondar, outro en Piñeiros, e outro colector de pluviais na avenida principal, Vilar. O que non puiden averiguar é en que zona o van poñer este último, lástima que non saquen a subestacion de Fenosa e o poñan alí (ó lado de gasolina, mellor auga que corrente).. Tamén se vai reformar a praza de abastos. Según leo e sumo, todo esto nomeado ascende a un presuposto duns 130.000 euros (lástima deles). O que non leo por ningún lado e que se vaian dignar a botarlle un asfaltado por Rouxique abaixo, xa postos... e poñer as aceras, que fai 3 semanas, amolei ben unha llanta apartando dun “lanzado” nun dos regos (anchísimos) que ai a cada lado da carretera, dende o semáforo, ata a Costiña, cheos de pedras, paus... a pena foi non romper un amortiguador ou a defensa... e chamar á local para levantar atestado e que pagara o concello (claro que coa crisis... a saber cando soltaban a candela).

10/3/09

CRUCEIRO I


Cada certos anos, cando ve que vai perdendo lustre, a dona deste cruceiro particular na zona da Costiña, ocúpase de que sexa restaurado, para que permaneza o mellor posible ó longo do tempo. A ela lle debemos os tonos policromados que luce hoxe en día.