10/11/10

DOS TERREOS DA PARROQUIA, I

Imaxino que moi pouca xente sabe que é do capital da parroquia, e tampouco todos saberán que orixinalmente, a parroquía era San Tome de Gondar. Nunha época estivo separada en San Tome de Gondar e San Pedro de Vilalonga e finalmente quedou Gondar dentro de San Pedro de Vilalonga. A division do que era Gondar e Vilalonga, está na mesma Xunca Branca.
Vilalonga, sempre se dixo, é unha parroquia "pobre", xa que o único terreo que posuía en propiedade era onde está a Igrexa. E díxose sempre porque a capela de Gondar tiña os terreos que están ó pasar a curva do estanco de Reiniño e ata chegar a primeira casa antes do Hotel Santomé, os chamados do "Rio da Igrexa". Son terras que eran cultivadas por os veciños e pagábaselle un arrendo á igrexa, e que aínda se alugan. Antígamente, a capela de Gondar tivo tamén montes que foron vendidos polo arzobispado.
Curiosamente, hoxe Vilalonga ten dúas terras, onde está a propia igrexa e un terreo no PEI 12 frente á funeraria As Angustias, xusto a carón do terreo que ten o cartel da Carpintería Piedras, e que foi "doado" por a familia Velón, seguindo un camiño pouco común. 
Fai máis de 3 décadas, o párroco D. Benito, pideulle ós pais de Nacho Velón que doaran unha terra cerca da carretera para facer unha nova igrexa, xa que a de San Pedro se ía quedando pequena e non estaba en moi boas condicións. O terreo en concreto que D. Benito pedía figuraba en testamento a nome de  D.Pedro Velón e de Doña Luz De Francisco (pais de Ignacio Velón), e indicábase que era para herdar unha irmá de Ignacio, Sor María Ancilla Regina Minorúm (Elisa Velón De Francisco) que era monxa de clausura das Clarisas Franciscanas, e que, como moitos sabedes non poden ter valores ó seu nome nin cobrar renda de ningún tipo polo tema do voto de pobreza que xuran na súa ordenación. Entón, D. Pedro Velón e Dona Luz de Francisco, chegaron a un acordo co Arzopispado de Santiago: Para non ter que refacer o testamento, a doación fíxose mediante un contrato de compravenda no que se valorou a parcela pola metade do que valía no mercado, coa condición expresa de que dito terreo fose para construir realmente unha nova igrexa.  A cantidade que figurase no contrato de compraventa, é dicir o 50% do que realmente valía, sería entregado polo Arzobispado a D.Pedro Velón e Dona Luz, cantidade que de inmediato eles donaría ó Real Convento de Santa Clara, en Carrión dos Condes (Palencia). Efectivamente, a donación fíxose no mesmo día posterior do contrato según consta en recibo emitido por a Abadesa do Convento e firmado por varias monxas Clarisas Franciscanas que fixeron de testigos na entrega do diñeiro. Na propia escritura de compravenda (que, co recibo, está en mans de Ignácio Velón), está claramente señalado un Decreto do Arzobispado polo cal a compra se fai para construir un "Templo e Complexo Parroquial", para a "cura das almas". E por iso mesmo, por ser para unha igrexa, se consegue estar exento de moitas obrigas fiscáis. 
Máis tarde, a familia Velón enviou un burofax ó arzobispado, pedindo, que de non facer a igrexa, que tiveran a ben facer un retracto da venda e devolveran a parcela á familia, con previa entrega do pagado e máis os intereses. O arzobispado opúxose xa que a súa intención era a especulación inmobiliaria, facer pisos e logo vendelos.

Velaquí está como a parroquia pasou a ter algo máis que o propio terreo da igrexa, mediante enganos, o arzobispado consigueu máis patrimonio, e, como sempre, non foi precisamente para beneficio do pobo. Digo eu, que a Asociación de Veciños, debía reclamar ó Arzobispado (se non o fixo) que fixeran a igrexa prometida para ben de todos, que ó fin é o cabo, ese era o acordo.


O meu sinceiro agradecemento a Rocío Garrido e Nacho Velón, sen os cales non sería posible esta entradiña.

 

4 comentarios:

Maxa dijo...

Da Igresa e dos curas, hoxe en día pode pensar e crer de todo e esta vai ser unha de tantas historias que deixan a todo o mundo coa boca aberta. Fixéchedes ben en facelo público, xa que de seguro que moitos non teñen nin idea de todo isto. Ogallá que consigades algo, e todo Vilalonga se una para reclamar o que lles pertence, e supoño que unha man por parte do voso Concello tampouco estaría mal.
Sorte.

Vilagonde dijo...

Do Concello me da que neste caso, váise sacar pouco.

Jesse James dijo...

Coma sempre outro episodio subrealista da nosa parroquia.

Anónimo dijo...

En su momento tuve noticias de que la asociación de vecinos de Villalonga mantuvo contactos con el arzobispado de Santiago, y les manifestaron a los representantes vecinales que en los bajos de la promoción inmobiliaria que efectuasen instalarian un despacho parroquial, pero no el templo...
Jaime Caamiña puede ampliar esta información.
Fdo Nacho Velón