Hoxe, para a miña sorpresa e cabreo leo algo que me resulta indignante: O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) vai entregar os premios ós proxectos orixináis. Estupendo. Gaña unha granxa-escola do Concello de Méis e un hotel especializado en setas dun matrimonio que vive en Barcelona. Xenial hasta aquí. O premio son 1200 € que teñen que repartirse entre ambos. Moi ben.
O que xa non me gusta, o que me mosquea, o que indigna e me parece de franco mal gusto, (igual son eu) é que os premios os deran onte á noite... ¡¡ NA TELLEIRA !?.
É dicir que a Telleira non se pode abrir para o turismo, non se pode abrir para os veciños, pero ¡¡ vaia !! si se pode abrir para o evento, que non pasa nada. Os arredores siguen cheos de broza, e non ai maneira de que vexamos o museo que ía ser. O final non vai ser máis que un local para cuchipandas.
Vamos, que casi entendo que os veciños non somos dignos dela.
Alucino.