31/7/10

DIVINAS PALABRAS

Está película de 1987 (un dramón), tamén se rodou en parte, na Lanzada. Nela estuveron entre outros, Ana Belén, Paco Rabal e Imanol Arias.
Argumento: Na Galicia dos anos vinte, no medio da pobreza e da superstición, viven os que non emigraron a América (que son os menos). A fame e a falta de todo fai que uns libres de moral e alma, para tirar para diante, aproveitanse dun pobre diaño e da inxenuidade da xente humilde

IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO-NOVAPONTE

30/7/10

FACENDO A CARRETERA

Hoxe, unha imaxe da que non se sabe a data, pero sí que están facendo a primeira carretera da Lanzada hacia o Grove por a costa. Ver para crer.


IMAXE REMITIDA POR FERNÁNDO-ANOVAPONTE

29/7/10

ABELLÓN NEGRO

Hoxe déixovos a imaxe dun abellón que topei cerca dos Leiros, e penso que se trata dun Xylocopa violacea, común en Europa meridional e central.
Impresiona un pouco ir sacarlle a foto, así negro, e tan grande (tería máis de 2 cms, fácilmente). Ata donde sei, as femias poñen os ovos na madeira, que furan coas mandíbulas (e aseguro que se ven ben).


[

28/7/10

A BARCA, 1919

Hoxe non vai sobre Vilalonga, pero a imaxe vale a pena. Trátase, (seguro que xa vos déstedes conta), da Ponte de Abarca da "city", Pontevedra, o malecón das Corbaceiras no 1919.

CEDIDA POR FERNANDO-ANOVAPONTE

27/7/10

ANTIGO CINE NA LANZADA

Para quen non o saiba, alá polo ano 1954, Juán Antonio Bardem dirixiu unha longametraxe que foi rodada en gran parte na Capela da Lanzada e na praia. Chamábase "Sonatas", porque a historia estaba baseada en "SONATA DE OTOÑO" e "SONATA DE ESTÍO" de Ramón de Valle Inclán, e recaudou pola época unhas 11000 pts., que xa era moito para entón.
De entre os actores contaron con Francisco Rabal, María Felix, e Fernándo Rey, entre outros.  
Estaba ambientada na metade do S.  XIX, e nela un nobre galego de vida truculenta, o marqués de Bradomín, mantiña unha relación de paixón con Concha, que tiña unha enfermidade mortal. Cando ela morre, (e non por a enfermidade senón por un tema político), él ten que fuxir a México. 
Velaquí quedan varias imaxes que falan por sí sóas. (Fermosa a imaxe dende o Outeiriño, para mín).


IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO, de a NOVAPONTE.

26/7/10

LARPEIRADA CELESTE

Esta pasada fin de semana celebrouse na praza de Vilalonga unha estupenda larpeirada en honra do polbo Paul, e como apoio ao noso ben querido clube de fútbol, por alí se deron cita persoas e persoeiros de toda "caste" como pode verse nas imaxes do Domingo ás 13.30 da tarde, máis ou menos. Tamén se puido ver a algúns xogadores, como Saúl, e ata acudiu Dulcinea, en avanzado estado de xestación e que, alédome por ela, parecía levalo moi ben. Como evento público e de papatoria que era, estivo bastante concurrido (que pa papar ai xente sempre, jejeje), e ai que recoñecer que a organización non tivo mal, xa que nin os prezos resultaban prohibitivos, as racións aínda tiñan certa decencia, e ata se preocuparon de sinalar onde estaban os W.C. (que ai xente moi porquiña).
Para degustar, mexilóns, xiba, pementiños, polbo, empanada... e un estupendo viño Aguiuncho, da aldea, como tiña que ser. Houbo algún comentario dos mexilons, algo pequeneiros, pero matizando que seguramente tiña moito que ver a recente veda por toxina. Saborosos estaban, dende logo (eu dei boa conta deles). A ritmo latino, a xente íase espallando por as mesas cos pratos, e os turistas que se apuntaron bailaban e tiraban fotos, todo nun ambente tranquilo. Algúns baixaban ata o bar, baixo o palco das festas. As 4 e media da tarde o sitio estaba valeiro, pero limpo e recollido por os organizadores, sen embargo, seguramente por a noite volveu a ter certo rebumbio.
Na miña mesa coincidimos que debía facerse este evento unha vez cada ano (e non fai falla que sea por Paul). ¿Non vos parece?.

25/7/10

ANTIGAMENTE, O GROVE

Aquí quedan dúas antigas imaxes de O Grove. Como podedes ver, na primeira está aínda por a metade a ponte da Toxa.
IMAXES CEDIDAS POR Fernándo.

24/7/10

SANXENXO "anticua" II

Aquí quedan dúas imaxes de Sanxenxo. Na primeira vemos unha casa, que según me indica Rosy, a remitente, é diante de La Metro, en Silgar (alucinada estou), pero non sabe en que ano. A segunda imaxe faima chegar Fernándo, e vemos que é mooooooooooi antiga.

23/7/10

SANXENXO "anticua" I


Aquí, novamente, belas imaxes do que era antes Sanxenxo. Na última podemos ver o centro de Sanxenxo, donde esta a palmera esta agora o edificio Mexico,que esta casi frente a subida ó Hotel Augusta.

IMAXES CEDIDAS POR FERNANDO-ANOVAPONTE

22/7/10

¿QUEN NON COÑECE A CELSO GALÁN?

Celso Galán e caseque unha institución. Aquí o vemos cuns nenos nalgunha romería, ¿Montalvo, a festa do Carme aquí en Vilalonga...?

21/7/10

A EXTRACCION DO BARRO

Unha fermosísima imaxe, POR FIN,  das extraccións de barro en Vilalonga, da que parece que só se sabe que as persoas en primeiro plano, non son de Vilalonga.


IMAXE CEDIDA POR ALBINO CANEDA.

20/7/10

Aclaración TELLEIRA

Sobre a imaxe da Telleira que subín http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/07/unha-antiga-telleira.html ,faime chegar o primeiro anónimo dos comentarios dese día, o seguinte mapa, como base para indicar que realmente esa imaxe é da antiga telleira dos Calixtos, en Castrelo

19/7/10

IMAXES DO RECORDO

Aquí vos deixo 3 imaxes que non corresponden a Vilalonga, pero de fermosa vista. No primeiro lugar, unha imaxe da visita da infanta Isabel ó Gran Hotel da Toxa no 1914.
Na segunda imaxe, outros tempos no final da Lanzada, hacia San Vicente, cando se aproveitaba ben o golfeiro para abonar as terras.
E na terceira imaxe o barco de pasaxe CANGAS-VIGO no ano 1968.

IMAXES E DATAS CEDIDAS POR FERNANDO

18/7/10

OUTRA CEPA CENTENARIA

Velaquí outra cepa centenaria en Vilalonga, desta vez, a que está ben á vista diante do Bar Stop. É catalán negro, e aínda produce froito. Foi prantada no 1890 por o tataravó da remitente da imaxe, e que me conta que o que máis lle agradecen hoxe á cepa, é a sombra que ofrece.

IMAXE E DATOS CEDIDOS POR ROSY

17/7/10

A RONDA DE ENTRADA

Imaxino que todos recoñecedes ben o sitio...
Aquí vemos na primeira imaxe, o que era a ronda de entrada a Vilalonga dende Sanxenxo, fai bastante tempo, e debaixo dos sináis a Ángel, un veciño no 1958. Na segunda, o mesmo sitio xa nos anos 60, onde podemos ver que daquela a ronda contaba con un cruceiro. E para rematar xa unha terceira imaxe máis recente da "historia" desa ronda.
Como curiosidade: ¿podería alguén dicir si é este o cruceiro que está agora no colexio?. 
IMAXES E DATOS ENVIADOS A vilalonga08@gmail.com por Rosy.  MIL GRAZAS.

16/7/10

¿PETO DE ÁNIMAS?

Na fachada dun domicilio particular, pola zona de Lagarei, atopo o que penso o seu propio "Peto de Ánimas".  Non vexo ningunha data, pero semella bastante antigo, e non sei porqué, doume a impresión que pertenecía a outra peza, antigamente.

14/7/10

UN NIÑO DE PEGA

Velaquí onde foi unha parella de pegas a poñer o seu niño, nun limoeiro. O niño, aquí non se aprecia, pero está feito de vides e alambres. E como unha pelota alargada cun furado por onde entran e saen a traer comida ós pequenos.

13/7/10

A CAPELA DA LANZADA

Aquí, 3 imaxes da Ermita da Lanzada. Bueno, certamente, esta primeira imaxe é das excavacions en 1973, ó outro lado da carretera.
As outras dúas son máis antigas, sen embargo non temos ano, aínda que da última apúntase que pode ser do 54 aproximadamente.
IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO, A NOVAPONTE.

12/7/10

UNHA ANTIGA TELLEIRA


Velaquí unha xenial imaxe que me fai chegar Fernando, (dono do bar A Nova Ponte), dunha antiga Telleira da Fianteira, ¿será a que está agora "restaurada" e pechada a cal e canto?. Vista por 2 persoas máis, tén toda a apariencia, pero haber si alguén pode aportar algo.
Fernándo, quítome o sombreiro.

10/7/10

SAN CRISTOBAL EN 1969

Aquí vos quedan dúas  imaxes que me mandaron ao meu correo. Trátase da procesión de San Cristobal no ano 1969, pasando por diante do Hotel Delfín Azul, na Lanzada, que, según me indica o remitente, pode ser que durante esa época non fora un hotel, senón un clube de alterne chamado "Blue Shark", (Tiburón Azul). Na terceira imaxe vemos unha panorámica da zona no mesmo ano.

Gracias por esta estupenda aportación, Fernándo-Barradaugas.


7/7/10

OS 200 ANOS DUNHA CEPA DE VIÑO


Uns veciños de Vilalonga posúen esta tremenda cepa de viño, que curiosamente aínda da uvas. E digo curiosamente, porque unha vez preguntados de sobre canto ten a condanada cepa, dinme que cerca dos ¡¡200 anos!!.