Últimamente, todos vos daríades conta que Vilalonga é, en canto a poboación se refire, unha mistura de nós mesmos, brasileiras, marroquíes, algún negro (porqué son de cor negro, e non me parece ofensivo), arxentinos... E non creo, en principio, que teñamos grandes dificultades para convivir. Sen embargo, cóntame unha parella un detalle da fin de semana, que me ten pensando si é un caso illado, ou por esa raza expresamente, ou, algún outro extranxeiro se sinteu menosprezado nalgún momento.
Atopábase esta parella facendo unhas compras nun coñecido comercio da vila. Asegúranme que mentras estaban a elexir o que precisaban levar, pasaron unhas marroquíes, e quedaronse mirando algo que parecía gustarlles na cristaleira. De seguido entraron, e preguntáronlle á dona, educadamente, se podían mirar, e ante a sorpresa deles dous e das marroquíes, a dona doulles un non rotundo. Elas tardaron uns segundos en asimilar a resposta e o ton, e cando sen mirar atrás saíron por a porta, a dona cerrou a porta case dun portazo. Díme él, que falaron entre elas uns minutos fóra na acera, e deseguida unha delas dou en rir (sería por non chorar), sacudindo a cabeza e tirou pola outra para acabar marchando. Dime ela, que a él lle pareceu tan desagradable que xa non lle deixou completar a compra, pagaron o collido e fóronse a outro comercio.
Xa se sabe que, inxustamente, neste mundo uns pagan por outros, e por desgraza os marroquíes non son dos que gozan de popularidade, pero a educación, penso eu, é primordial, cando esas persoas non che fixeron nada, e máis, estando á fronte dun negocio. Se ten desconfianzas, que poña unha cámara.
Agora, antes de empezar esta entradiña, dei en pensar, que o que tivo esta muller foi unha sorte "como un can", que se soe decir (aínda que eu non teño claro que os cans teñan sorte), xa que puideron dar en denunciala por racismo e metela nun fregado dos finos. E como se chiven e lle collan manía, mira que non ai poucos marroquíes vivindo agora en Vilalonga e arredores...
E a esta menda, que tanto lle ten falar, de entrada, con brasileira, xamaicana, cubano, xitano, china ou negro... ou marroquí, está a preguntarse si tiña algún motivo que eles descoñecían para actuar así, ou si é unha "estratexia" para atraer xente cara o pequeno comercio da vila, porque si é esto último, LÉVAA CLARA.