1/7/11

PETO DE ANIMAS E PASADIZOS

Na fachada dun domicilio particular, pola zona de Rouxique, topei fai un tempo o que eu cría o seu propio "Peto de Ánimas". Non vía ningunha data, pero parecíame bastante antigo, e por algunha razón dábame a impresión que pertencía a outra cousa máis grande... E así era: tempo despois, a neta e o xenro da casa fanme saber que antigamente era como un altar onde se poñían velas e que antes de ser unha casa, fai moitos anos, houbo un pazo cuya capilla comunicaba a traves duns pasadizos baixo terra coa torre e coa igrexa parroquial de Vilalonga (alucinante). A entrada dos pasadizos, según me din, está cuberta nunha punta da finca, en esquina. Parece ser que en certa ocasión un dos donos, o fillo de Toñito (o dono),  tentou baixar xa que aínda conservan as escaleiras, sen embargo foi imposible ó estar anegado todo en auga, ademáis de que fai uns anos, un derrumbamento que houbo no Revel foi debido a esta cuestión dos pasadizos ata a igrexa, por eso se rechearon con terra.
A virxe como era costume polo visto naquela época (lembrade http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/06/de-mal-de-ollo-e-crenzas.html ) non quixo tirala a dona no momento de tirar o pazo xa que se decía que os santos non deben sacarse do sítio. O pazo, tamén como é o habitual tiña un escudo que agora esta na fachada da casa do defunto Alfonso Vilar, que, dinme, naceu nese pazo no 1927. Esto consulteino con tres maiores por Rouxique e solamente unha veciña dixo que sí o sabía. As terras que están á dereita, dime a neta de Laurita (a dona) pertencían ós moros, e hacia alí quedaba a capilla. 
Contan os donos, que nos bordes da finca houbo un cementerio de nenos que pertencía á capilla.
Esto último sorprendeu moito ós tres maiores ós que consultei... toda unha historia, ¡¡e non sae en ningún sitio!!.

DENDE AQUÍ, O MEU AGRADECEMENTO POLA INFORMACIÓN.

O escudo na casa de Vilar.


1 comentario:

Carmen Vilar dijo...

Eu son a filla maior de Alfonso Vilar Lamelas, e sei a história de ese Pazo, xa que perteneceu os nosos antepasados . Efectivamente meu pai criouse nesa casa, cos sua nai Herminia Lamelas Torres e 13 tios mais, todos Lamelas Torres.
Ese pazo, ou casa grande, como así mo explican os primos, tiña muiño e riachuelo.
O seu avò era ferreiro, e alí tiña o seu taller. E a dua avoa era agricultora, dos cales podo adxuntar fotografias.
Ese pazo, comprouno Ramòn Calviño, que posuia pozos de barro, por eso o escudo tiñao meu pai, xa que era gran amigo de él, e padriño dos meus irmás.
Despois vendeullo a Victor Mendez.
Os terrenos chegaban ò mar, co tempo foronse cedendo ou vendendo.