31/8/11

FINCA DO TOUREIRO, II

Conta un veciño que na fonte da Torre, fai uns 20 anos, tamén había un pasadizo. Para ir a fonte baixabase todo por unha especie de camiño cuberto cunha viña e logo por uns escalons de pedra, quedando a fonte, tamén debaixo de unha viña, e cunha especie de pequeno cerrado en redondo de pedra, xa que cadraba baixo nivel da terra. Á esquerda había, facendo unha media luna, un banco de pedra e á dereita estaba o picho da fonte cun pequeno recuadro onde caía a auga e un banco mais pequeno. Parécelle lembrar que nun dos lados había tamén un pé de pedra do que unha vez fora unha mesa. No murete do lado dereito, houbo unha virxe nun oco na pedra, e debaixo dela, cunha altura de 1 mt. aproximado, o pasadizo. Dime que nunha ocasión, coa ánsia que dan os 15 anos, meteuse cun amigo por ese pasadizo cunha linterna ata onde o medo puido máis que a curiosidade (uns 50 mts.aprox.), xa que ademáis de estar en mal estado, había que ir de rodillas. Di que na súa casa sempre escoitou que o pasadizo ía a dar á unha nogueira e que por varias zonas de Rouxique había pasadizos que quedaran do tempo dos mouros. Todo esto quedaba dentro da antiga finca do que foi o chamado "Pazo do toureiro".
Dentro da finca, había tamén unha palmeira que estaba diante das escaleiras que ían de maior a menor (empezando por abaixo) ata a entrada do pazo que estaba na primeira planta (tamén ai quen di que debaixo da palmeira había enterrado un mouro...). No baixo estaban as cuadras de animais, ás que para entrar dende a 1ª planta, xa se podía saír por outra escaleira que baixaba por a parte de atrás do pazo, e así non dar un rodeo. De todo isto, puxémonos a facer unha especie de "croquis". PERDOADE A BAIXA CALIDADE.
Asegura él, que cando se desfixo o pazo, parte do vecindario quedouse con antigos mosquetons que estaban aínda dentro, levaron tamén a virxe da fonte, moita da pedra... e desapareceu tamén unha enorme lagareta, que estaba nun caseto a un lado do pazo. 
Cara a parte de atrás (do que se ve aínda o sitio onde houbo un portalón http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/11/finca-do-toreiro-i.html ) estaba un camiño que ó outro lado tiña unha finca tamén do pazo, onde corrían os toros e se supón, practicaba o toreo o dono do pazo. A ese lado habíatamén un cruceiro (que alí segue).
Curiosamente, aínda non conseguín que ninguén me dera o nome do toreiro.
Todo o que queda daquel pazo hoxe, son as paredes maltreitas, o cruceiro, e o piorno que foi trasladado de sitio e pode verse dende a carretera (aínda que cuberto de silvas).
¡ O que disfrutaría eu hoxe!, podendo ir ver algo semellante do pasado do noso pobo: pazo, pasadizos, mosquetons e demáis...

30/8/11

¡ A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA !

Por un anaco de Vilalonga, pasará o xoves a Volta Ciclista a España, que virían de Combarro, pasarían por Raxó, Areas, Nanín e o Vinquiño, para chegar á rotonda diante do Bar Stop, e deseguida collerían para Cambados ó longo da PO-550.
Calculan que pasarían ó redor das 5 da tarde,polo que todos aqueles que desexen ver o seu paso, que lembren estar vixiantes dende unha hora antes, diría eu... e con este tempo...
A min vaime ser imposible... Igual se anima alguén a tomar unha fotografía do momento e remitila para ser engadida aquí no blog do pobo.
¡ Saudiños !.

11/8/11

EN 1935...

(17 Nov. do 35). Tivo lugar en Vilalonga o choque frontal entre dúas bicicletas. Nunha iba José Lis Fajardo, de 21 anos, e na outra José Varela Vázquez, un veciño de 18 anos que levaba con él un neno de 12, Miguel Jiménez Silven, fillo de vendedores ambulantes. Os tres sufriron lesions importantes, sobre todo o neno que foi trasladado ó hospital.



MEMORIA HISTORICA DE O GROVE