10/3/13

UNHA VECIÑA EN ALZA

Hoxe veño falarvos dunha veciña blogueira totalmente en alza. Fai xa un tempo Rocío Garrido Caramés iniciara o seu blog para aportarnos o seu bo gusto (e capacidade) coa cociña, e tamén para ter como unha especie de relaxación persoal, xa que no seu momento Rocío viuse obrigada a deixar de traballar para coidar do seu avó que padecía demencia senil. Nel Rocío dábanos recetas, falábanos da evolución do seu avó e ata chegaba a ensinarnos como diferenciar un producto galego dun que non o é. Pouco a pouco foi engadindo aquelas cousas que seu avó lle pedía de cando neno... e todo foi derivando ata hoxe, que segue a deleitarnos no seu blog.
Foi o pasado ano cando Rocío presentou o seu libro "Cociñando coas razas autóctonas" editado por Boaga (Federación de Razas Autóctonas Galegas), no Salón da Alimentación do Atlántico en Silleda e rematou gañando o premio "Gourmand World Cookbook", que destaca o libro como o mellor de cociña sostible de España. É o primeiro libro que trae recetas a base de carnes de todas as razas autóctonas galegas que están en extinción: a cabra e a ovella típica galega, o galo de Mos, o porquiño celta, a vaca cachea, a vaca limiá...
Ela mesma creou os platos que contén o libro. E para interesados, tamén trae postres, con ovos, leite, queixo... derivados de esas razas.


Rocío, as miñas máis sinceiras felicitacions.

* Para facerse co seu libro:                    cocinademiabuelo.blogspot.com.es
                                                  
Información:   DIARIO DE AROUSA - FARO DE VIGO -LA VOZ DE GALICIA

No hay comentarios: