30/9/09

MORTE DUN VECIÑO

Entérome agora mesmo da morte dun veciño, un hoteleiro recén xubilado, que estivo durante moitos anos rexentando o Hotel Ribago, na zona do Revel. Este veciño, J.M.Rial, ó parecer o pasado luns por a mañá foise ata unha casa non moi lonxe que tamén pertence á familia, onde soía ir a atender os animáis e xa non volveu para comer ó mediodía, o cal fixo que a muller acudira ó sitio para ver que pasaba pero xa o topou falecido.

Aínda que non se sabe nada por fontes oficiáis, coméntase que puido ser un suicidio, e a morte foi lamentada por moitos veciños según se coñecía a noticia.

Dende aquí, quero indicar o meu pesar ás fillas e a súa viuda, ás que coñezo lixeiramente.




ACLARACION

Respecto ó post anterior, onde menciono a resposta da Alcaldía respecto á Gardería, teño que aclarar que non foi unha carta, como parece que algúns puideches pensar, senón unha resposta ó meu correo electrónico firmada por Emilio Camiña González, como pode verse na foto que acompañei. Tratarei de sacar unha imaxe máis nítida e completa para engadila aquí na aclaración.

28/9/09

A ALCALDIA RESPONDE

Vendo que varias das miñas amigas se ven no trance de acabar levando os nenos a Dena, e que proximamente podo verme nesa circunstancia, ocorréuseme porme en contacto co Concello e expoñer, que na miña opinión era ata vergonzoso verse na obriga de acabar acudindo a unha gardería fóra do pobo, e ata do concello, tendo aquí unha empezada dende ai tanto tempo. Velaquí a resposta dende a Alcaldía:

Antes de nada decirlle que dende a Alcaldía entendemos que se boten en falla garderías no concello de Sanxenxo, xa que existe unha soa. Hai que ter en conta que a única que hai, que non está en Portonovo,como Vde. di, senón en Sanxenxo, non existía antes de ocupar o goberno municipal a actual formación. O mesmo sucede con cáseque todo o patrimonio municipal, xa que antes desta chegada non habíaapendas un metro cadrada de solo público onde levar adiante obras eservicios. O PXOM, elaborado por este goberno e aprobado nunha soalexislatura permitiu que existan, a día de hoxe, terreos nos quepoder levar adiante proxectos importantisimos, como o da gardería que Vde. comenta. O retraso que acumula esa gardería, ó igual que sucede con moitas outras infraestructuras, ven dado pola inoperancia e a radicalidade dunha Xunta de Galicia que, nos catro anos anteriores á entrada do equipo actual, se limitou a poñer todas as trabas posibles a que se puidese levar adiante non só ese proxecto,senón tamén outros fundamentais para esta parroquia de Vilalonga, como o edificio sociocultural, o centro de saúde, o colexio, o campo de futbol, etc. Mire ata qué punto esto é así, que coa excusa de salvagardar a riqueza medioambiental (xa me dirá Vde. cal é nesa zona concreta) nos pediron informes complexísimos relativos ó cultivo das berzas, os remontes das troitas ou a auga de dar de beber ós coellos. Increíble.Pero agora tócanos mirar ó presente e pódolle informar de que, con respecto á gardería, temos os terreos, temos os proxectos, temos a obra adxudicada e temos o compromiso do actual goberno da Xunta de axilizar a aprobación integral do plan de equipamentos e infraestructuras do Revel, temos consignación orzamentaria e no mesmo instante que o plan estea ó noso dispor, procederemos a construir esta obra tan demandada. E non quedamos ahí, porque o colexio pronto será unha realidade na mesma zona. E tamén poderemos contar nun futuro cunha nova gardería en Portonovo, no lugar de Baltar, a carón da piscina municipal. Agardando que esta información sexa do seu agrado, reciba un saúdo cordial.

En fin, en vista da resposta tan extensa, e quedándome algo mosca co tema da auga para os coellos (punto que non entendín), so me dou por respostar, que a xunta xa fai moito que cambiou de "xefe", e que si ese era realmente o problema, se cadra é que non están a presionar o suficiente. Digo eu. ¿Qué opinades vos?.

22/9/09

VEXETACION



A pesares dos paseos, teño que recoñecer que nunca se me dou por falar da flora, así que hoxe, voume ocupar
hiperbrevemente de algunha das especies que topei pola zona de marisma.
Vese moi abundante, un arbusto: o Almaxo dulce (Suaeda vera), que é esta primeira imaxe.
Tamén temos á vista moi claramente o Xopo amarelo (Cistanche lutea), que é unha planta parásita en forma de espiral. Por certo, para quen non saiba, unha planta parásita dise daquela que obten todos ou case todos os nutrientes que precisa para sair adiante de outras plantas. Coñécense unhas 4100 especies.



21/9/09

MIL PERDONS E ALGUN COTILLEO

En primeiro lugar, teño que pedir disculpas aos blogueiros que leen este blog, xa que ultimamente, non estou na miña liña con él. A cuestión é que teño diagnosticado Síndrome de Tunel Carpiano, que, para quen non saiba, é unha dor nos nervios das mans que é insoportable ós 5 minutos de ordenador, pasar páxinas, coser e calquera outro "choio" que precise centrar a presión nos dedos, por tanto, conéctome máis ben pouco.
En segundo lugar, que espero se pase, a mais tardar, según me din, en 3 meses, por tanto... tede paciencia comigo, please !!. De todos xeitos tratarei de ir subindo temas igual, aínda que me leve máis tempo escribilos, jejeje...
En fin, e referíndome ó cotilleo do título, rumoreabase estos días que topara a Garda Civil, por acá por Vilalonga, un alixo duns 20 kgs. de cocaína, o cal me deixou bastante impresionada, sen embargo, índome a buscar na rede non topo nada ao respecto. ¿Alguén oeu algo o é un ruxe ruxe inventado por calquera ??.