28/8/10

O CINE DON JUAN

De entrada, que saibades que ó cine púxoselle ese nome en 1976, porque ata entón chamábase Cine Torres.
Juan Torres Dominguez (falecido en 1930), foi un gran empresario e de certa fama durante os primeiros 30 anos do século pasado, e ata chegou a ser teniente alcalde do Concello no ano 1917. Chegou a ter á vez, ultramarinos, salón de baile, taberna, billares e comercios.  A situación económica na que deixou ós descendentes fixo bastante máis sinxelo que naqueles tempos se lanzaran a aventura do cine, e sobre todo, nunha vila que non era una gran cidade nin tiña importante número de poboación.
O cine construirono, Juan Francisco e Andrés Torres Iglesias no ano 1934 no sitio onde se facían os bailes, e púxose a andar cunha cámara de cine mudo mercada ó cine de O Grove (Besada), xa que éstes últimos xa tiñan unha de cine con sonido. Comezou sendo de rara vez, con películas de Charles Chaplin, por ex. que era do pouco que había. A camara non era o bastante alta, así que lle poñían suplementos por debaixo para que pasara .por riba das cabezas da xente.
NA IMAXE, JUAN FRANCISCO.
No ano 1936, o exército nacional ocupouno e montou nel un cuartel militar ata que acabou a Guerra Civil, momento no que os irmáns Torres renovaron e puxérono de novo a andar cunha nova cámara sonora (unha Enerman II). No ano 1941 proxectábase a película "El difunto es un vivo", a unha peseta cada butaca. Por esa época fixéronse con Maximino Bugallo "o mudo" como axudante, que torraba manises e logo repartía, aínda que facía un pouco de todo.
De 1954 a 1960, pasou a mans dun comerciante do cine, Manuel Souto e un experto pirotécnico, José Fdez., aínda que o propio Juán Torres sigueu a ser o cámara por condición imposta.
Tamén, alá polo 59, aprox. empezou a traballar "Xexo, o escultor", como vendedor de manises, que os levaba en paquetiños de papel dunha cestiña. Tamén o sr. Lima, zapateiro estivo unha tempada de acomodador, aínda que tamén era carteiro e fotógrafo.
Tamén Manuel Otero Fernández (veciño da igrexa), e Juán López Piñeiro de Gondar, foron cámaras un tempo ata marchar a milicias.
No 1960, a cantina do cine, levaa Jiménez, o do tiro ó pichón...
A partir de 1960 levaban o cine o fillo e o sobriño dos constructores, que fixeron unha gran reforma xa que a lei obrigaba a unha zona para fumadores alucinante!) .
NA IMAXE, JIMÉNEZ
Despois de outros diversos feitos, no ano 1969 volve de Holanda Juan Antonio Torres, e tras facerse de novo co cine, acaba pechando os anos 1974-1975 para abrir logo con un edificio de 30 metros de largo e 16 de ancho, e 600 butacas, e rebautizado como CINE DON JUAN.

PARCIAL DE "REVISTA DE ADINA"  22 AGOSTO 2010

1 comentario:

Eve Martínez dijo...

http://www.sanxenxo.es/index.php?idMenu=66&int1=2783

ESTREA DOCUMENTAL CINE DO POBO.
Grabado no CINE DON JUAN de Vilalonga.
Un Documental de Eve Martínez.

VENRES 23 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H NO CENTRO CULTURAL DE VILALONGA.

Estades todos convidados.