13/10/10

ANTES DE HABER COLEXIO EN VILALONGA...

Antes de construirse o colexio de Vilalonga, en 1967 (que foi cando se fixeron tamén o do Casal e o do Tombelo), todos os rapaces de Piñeiros, Rouxique, Piñeiros, Carballal, O Castro, Carballal, Iglesario, Laureiro, Tombelo e Revolta ían á mesma escola. Tanto ían os de 6 anos como os de 14. Falo da escola que deron en chamar do Pósito ou de Orientación Náutico-pesqueira. O local é onde, ata hai uns anos, estaba o restaurante Os Caseiros, diante do antigo cuartel de Noalla. O mestre era D. José Ramón, que era natural de Pontedeume e morreu este ano.

2 comentarios:

ALBINO dijo...

UNHA FOTO MOI INTERESANTE, UN ANO MAIS, E ME COLLE A MIN, NON LEMBRO SI NO ANO SEGUINTE SE SACOU FOTO OU NON, PERO O CUARTO POLA ESQUERDA DA FILA DO MEDIO E MIGUEL O ALCALDE DE PONTEVEDRA, VEDES COMO E INTERESANTE, BUENO SEGURO QUE OS DEMAIS QUE ESTAN NA FOTO TEÑEN A SUA AQUELA, E VOU A POÑERME A IDENTIFICALOS.

Vilagonde dijo...

Que ollo, Albino, eu non recoñecín a ninguén, nin sequera a quen me cedeu a foto,jejej, que desastre.