VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
31/12/12
ATRACO RELÁMPAGO
Esta mañán parece ser foi atracada a oficina do Banco Gallego, nun atraco totalmente relámpago. O home entrou e achegouse á empleada que nese momento estaba sola e non notou nada raro.
Nada máis achegarse ó mostrador de caixa pideulle os cartos. Aínda que non sacou ningunha arma, a empregada, lóxicamente doulle todo o que tiña a man, pero indicándolle que da caixa, se os quería, era de apertura retardada.
O home, non quixo esperar e foise co que había fora, que aínda que non se dixo cantidade, presuponse non será moi alta.
14/12/12
ACIDENTE
Nove da tarde. Os bombeiros intentan sacar do coche a un mozo que
está atrapado. Según parece, derrapou ó saír da ronda do
Eroski cara Dena e bateu nun poste. A garda civil está pendente de que a circulac
ón continúe coa maior normalidade posible. Haberá que esperar máis información.
O NOVO PRECIO DO SOLO NO POBO
Según parece, facenda considera que aínda que se pode baixar o valor por m2 en Portonovo dos 900 os 700 €, en Vilalonga-suburbana seguirá o prezo de 550 por m2. Claro que ai que ter en conta que Sanxenxo, curiosamente, está por enriba que a propia cidade de Pontevedra, capital, cun prezo de 1100€/ m2, (case nada). Considera facenda que este último prezo é inalterable, como fai un ano.
... Será que a pesares da crise, ¿Sanxenxo segue a ser tan 'chic'?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)