11/3/13

"TEGENARIA ATRICA"

Hoxe, facendo tranquilamente a rutina diaria, topei con esta "amiguiña" no meu camiño e dado que me impresionou algo o seu tamaño, acordei que igual merecía unha mención no noso apartado de fauna. Topeina porque me dou por levantar unhas caixas, porque disque son de hábitos nocturnos.
Buscando buscando, topeime con que é unha "Tegenaria átrica", penso, ou igualmente, a araña común doméstica, e é das arañas máis grandes de toda Europa, chegando a femia a casi os 2 cms. e os machos a algo menos, aínda que as patas máis longas poden rondar os 8cms.
Corren a bastante velocidade e sen embargo as telas non son moi pegañentas así que moitas veces fuxiralles a comida si non se apuran a ir por ela. Polo demáis, en principio teñen asegurada a supervivencia da especie, xa que cada femia pode deixarnos unhas 60 crías. Por fortuna, aínda que o tamaño é respetable, as mandíbulas non teñen demasiada forza e apenas poden furar a nosa pel, e cando o fan, o efecto do veleno e inapreciable case sempre.
Como dato curioso, que ás veces os adultos poden ser caníbales e comer as crías.

10/3/13

UNHA VECIÑA EN ALZA

Hoxe veño falarvos dunha veciña blogueira totalmente en alza. Fai xa un tempo Rocío Garrido Caramés iniciara o seu blog para aportarnos o seu bo gusto (e capacidade) coa cociña, e tamén para ter como unha especie de relaxación persoal, xa que no seu momento Rocío viuse obrigada a deixar de traballar para coidar do seu avó que padecía demencia senil. Nel Rocío dábanos recetas, falábanos da evolución do seu avó e ata chegaba a ensinarnos como diferenciar un producto galego dun que non o é. Pouco a pouco foi engadindo aquelas cousas que seu avó lle pedía de cando neno... e todo foi derivando ata hoxe, que segue a deleitarnos no seu blog.
Foi o pasado ano cando Rocío presentou o seu libro "Cociñando coas razas autóctonas" editado por Boaga (Federación de Razas Autóctonas Galegas), no Salón da Alimentación do Atlántico en Silleda e rematou gañando o premio "Gourmand World Cookbook", que destaca o libro como o mellor de cociña sostible de España. É o primeiro libro que trae recetas a base de carnes de todas as razas autóctonas galegas que están en extinción: a cabra e a ovella típica galega, o galo de Mos, o porquiño celta, a vaca cachea, a vaca limiá...
Ela mesma creou os platos que contén o libro. E para interesados, tamén trae postres, con ovos, leite, queixo... derivados de esas razas.


Rocío, as miñas máis sinceiras felicitacions.

* Para facerse co seu libro:                    cocinademiabuelo.blogspot.com.es
                                                  
Información:   DIARIO DE AROUSA - FARO DE VIGO -LA VOZ DE GALICIA

3/3/13

DO CINE DON JUAN

O cine Don Juán (antes "Torres"), situado ó lado da Alameda de Vilalonga, foi o primeiro cine do que se sabe en Sanxenxo.
En 1976, de tanta xente que acudía tiña que achegarse a Garda Civil para poñer algo de orde e que puidesen circular os coches.


(Texto e imaxe do DIARIO DE PONTEVEDRA, 17 Feb.2013)

Información máis completa:

http://ondequedavilalonga.blogspot.com.es/2010/08/o-cine-don-juan.html