Buscando buscando, topeime con que é unha "Tegenaria átrica", penso, ou igualmente, a araña común doméstica, e é das arañas máis grandes de toda Europa, chegando a femia a casi os 2 cms. e os machos a algo menos, aínda que as patas máis longas poden rondar os 8cms.
Corren a bastante velocidade e sen embargo as telas non son moi pegañentas así que moitas veces fuxiralles a comida si non se apuran a ir por ela. Polo demáis, en principio teñen asegurada a supervivencia da especie, xa que cada femia pode deixarnos unhas 60 crías. Por fortuna, aínda que o tamaño é respetable, as mandíbulas non teñen demasiada forza e apenas poden furar a nosa pel, e cando o fan, o efecto do veleno e inapreciable case sempre.
Como dato curioso, que ás veces os adultos poden ser caníbales e comer as crías.
2 comentarios:
Después de un tiempo alejado del mundo bloguero, me satisface ver la evolución tremenda que ha tenido tu blog. Enhorabuena.Te sigo y te voy a dejar mis comentarios de vez en cuando.Seguir a sí
Un saudiño, Atalaya, eu tamén estiven bastante apartada, e agora nin o traballo como antes!... Visitámonos, jejeje. Gracias.
Publicar un comentario